Feira Náutica do Freixo

Economía e cultura marítima en Outes

A Feira Náutica do Freixo, celébrase no Concello de Outes. Trátase dun evento profesional e de ocio que visibiliza, pon en valor e promove aos profesionais e outros axentes vinculados ao mar que desenvolven a súa actividade no territorio Galp Costa Sostible, particularmente as relacionadas coa construción naval e servizos náuticos, así coma a cultura mariñeira vinculada de Outes e da Ría de Muros Noia.

Esta promoción faise a través dunha feira profesional na que participan empresas e profesionais vinculados ao mar con sede en Outes e contorna. A posta en valor da actividade profesional complementárase cunha variada oferta de experienciais vinculadas a un turismo cultural e industrial, que ofrece aos asistentes o contexto e relato da importancia histórica que os sectores vinculados ao mar tiveron e teñen no concello e na Ría de Muros Noia.

A Feira Náutica dirixe as súas actividades tanto a profesionais do sector do mar coma ao público en xeral, que teña interese en coñecer e gozar dunha oferta lúdica que destaca a evolución histórica da cultura marítima da zona e o seu impacto social e paisaxístico.

O mar, vínculo histórico e
económico de Outes

Outes ten unha vinculación histórica co mundo do mar, que se reflicte tanto nas principais actividades económicas do concello coma no seu patrimonio cultural e industrial, que empapa a identidade social do concello. Un dos sectores económicos máis importantes na actualidade xunto co marisqueo é a construción naval, herdeira da antiga carpintaría de Ribeira da que Outes foi epicentro comarcal e galego en séculos precedentes.

Busca converterse nun espazo de referencia do sector da construción naval e servizos náuticos na Ría de Muros Noia, xerando un marco espazo de encontro para os profesionais , así coma unha corrente de visitantes que acudan a coñecer de primeira man o impacto que este sector económico tivo e segue a ter para o territorio.

Explora o emocionante mundo da
navegación na Feira Náutica

Descubre o valor da contrución naval e mergúllate nun mundo de entretemento con paseos en barco, visitas guiadas e concertos en vivo.