Ofrecemos unha gran variedade de actividades relacionadas co mar.

Descubre o valor da contrución naval e mergúllate nun mundo de entretemento con paseos en barco, visitas guiadas e concertos en vivo.

Mercado Mariñeiro

no PUNTO 9

Venres 28, Sábado 29 e Domingo 30 de 11:00 – 14:00 / 16:00 – 21:00 h

Espazo dedicado ao establecemento dun mercado de artesanía mariñeira con diversos postos de venda nos que se poderán mercar produtos artesáns relacionados co mundo mariño.

Expositores

Jorge Eiroa, artesanía en forxa

Javier Maceiras, escultor e artesán en madeira

Lixo Atelier, artesán da reciclaxe de lixo mariño

Cunchastelana, artesanía en cunchas

Sotavento, conservas artesáns

Crebeira, artesanía con refugallos mariños

Esteiro con Xeito, artesanía con cunchas

Aura Noctis, enmarcación creativa con crebas

Serigrafiameu, serigrafía manual e deseño gráfico

Guillermo Somoza, debuxante de motivos mariñeiros

Rutas en Caiac

no PUNTO 12

Prazas: 14 / Previa inscrición

Idade mínima: 7 anos / Menores de idade sempre acompañados dun adulto

Imprescindible saber nadar

Sábado 29 ás 11:00 h / Domingo 30 ás 18:30 h

Saídas dende o Náutico do Freixo nas que se poderá gozar da Ría de Muros Noia e da súa contorna ao tempo que se realiza unha actividade deportiva saudable.

Roteiro “Carpinteiros cos pés mollados” e visita estaleiro

saída dende o PUNTO 13

Previa inscrición

Distancia: 5 km / Dificultade: baixa

Venres  28 ás 19:00 h / Sábado 29 ás 10:00 h / Domingo 30 ás 17:00 h

Andaina de divulgación e coñecemento sobre a importancia histórica da carpintaría de ribeira no Concello de Outes, que culminará cunha visita ao Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira «Estaleiro de Ciprián». Durante o roteiro visitarase o estaleiro de Abeijón Hermanos SL para coñecer e poñer en valor as actividades que se desenvolven na actualidade.

Roteiro “Orixes do Freixo”

saída dende o PUNTO 13

Previa inscrición

Distancia: 3 km / Dificultade: moderada

Sábado 29 ás 17:00 h / Domingo 30 ás 10:00 h

Andaina de divulgación e coñecemento sobre as orixes e evolución do Freixo, percorrendo algúns dos puntos máis simbólicos e históricos da parroquia de San Xoán de Sarbardes.

Degustación Gastronómica

no PUNTO 11

Domingo 30 ás 19:30 h

Degustación gastronómica a cargo de Fernando Rodríguez e Eva Guzmán, do restaurante «O Secadeiro». Os pratos serán elaborados con produtos típicos e de proximidade.

Mesa Redonda

no PUNTO 13

Sábado 29 ás 12:30 h

Mesa Redonda que pretende facilitar un espazo de encontro e intercambio para atopar sinerxias por parte dos sectores produtivos, industriais, culturais, educativos e formativos, que teñen en común o uso do monte e o emprego da madeira para afrontar os inmediatos retos no coidado e limpeza do medio ambiente mariño dende a óptica da construción naval en madeira.

A Mesa estará moderada por Marcos Gallego (Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo & MDFDM) e contará coa presenza de Ramón Collazo (presidente de AGALCARI) , Maruxa Núñez Outeda (Vogal de Culturmar), Primitivo Pedrosa (pescador da Confraría de Muros), Ismael Olveira (Fundación ARUME), e José Antonio «Fou» (docente de ciclos de madeira en formación profesional).

Embarcacións Tradicionais e
Navegación Inclusiva

nos PUNTOS 1, 2, 3, 4, 12 e 13

Navegación Tradicional: Sábado 29 ás 10:00 h e ás 18:30 h / Domingo 30 ás 11:00 h

Regatas de bucetas: Domingo 30 ás 12:30 h

Espazos expositivos ao longo do peirao nos que se poderá coñecer varios tipos de embarcacións tradicionais. Exposición permanente no Náutico do Freixo de pezas de barcos de madeira facilitadas polos estaleiros Abeijón Hermanos SL e Astilleros Amado SL. Obradoiros de carpintaría de Ribeira organizados por Culturmar e Terra de Outes coa colaboración de Agalcari ao longo das xornadas, nos que un carpinteiro de ribeira visibilizará en vivo o proceso de construción tradicional de embarcacións. Pola súa banda, a Asociación ADECO – DEA, achegará a navegación a persoas con diversidade funcional a través dunha embarcación adaptada con capacidade para 8 persoas, dende o peirao do Náutico do Freixo

Saídas Joaquín Vieta

no PUNTO 1

Prazas: 12 / Previa inscrición

Sábado 29 ás 13:00h e ás 17:30h / Domingo 30 ás 18:00h

O histórico balandro Joaquín Vieta, construído no 1916 no estaleiro de Ríos (O Freixo), inicia a súa actividade coma embarcación de transporte de mercadorías no 1917. Dende os anos 60 ata comezos do século XXI, actúa coma barco auxiliar de batea. Será a comezos deste século cando a Asociación Balandro Joaquín Vieta o salve do despece e aposte pola. Os asistentes que o desexen poderán desfrutar da experiencia de navegación neste histórico veleiro inscribíndose nas saídas que se farán dende o porto do Freixo.

Taller de Plásticos

no PUNTO 13

Viernes 28 ás 18:00h

Actividade demostrativa e divulgativa do proxecto de transformación dos plásticos Aula Sostible do Freixo, promovido pola Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra – Ría de Muros Noia no que participan activamente entidades de inclusión como Misela, así coma o Concello de Outes. Unha iniciativa de traballo colaborativo ao redor dunha actividade innovadora de economía circular baixo os principios de responsabilidade social, inclusividade e apoio a iniciativas transformadoras. Neste 2024 o traballo da Aula ven de centrarse en mellorar e visibilizar os útiles e pezas deseñadas para uso na actividade pesqueira e xerar novas alianzas de traballo.

Concurso de Pesca

no PUNTO 6

Prazas: 50 /Previa inscrición

Domingo 30 ás 10:00 h

Concurso individual de pesca con cana para rapazada entre 5 e 16 anos no que se premiará o maior número de pezas capturadas.