Diversidade de empresas especializadas no mundo da navegación

Coñece as empresas expositoras e descubre a ampla gama de servizos especializados no ámbito marítimo.

R Náutica

PUNTO 8

Enderezo: Rúa Porto 84, Freixo. 15288 – Outes
Teléfono: 642 240 009
Email: info@rnautica.com

Empresa con máis de 15 anos de experiencia no sector náutico. Teñen tres liñas de servizos: turismo náutico (alugueiro de embarcacións sen necesidades de titulación, excursións náuticas para grupos reducidos), invernaxe de embarcacións e venda de embarcacións e motores foraborda, así coma servizos de xestoría náutica (matriculación e rexistro de embarcacións, seguros náuticos, títulos náuticos (licenza de navegación, PNB e PER)).

Talleres Villade

PUNTO 8

Enderezo: Bendimón 32. 15287 – Outes
Teléfono: 981 765 179
Email: talleresvillade@yahoo.es

Empresa creada no ano 1970, inicialmente dedicábase á venda e reparación maquinaria agrícola e cerraxería. Atopándose nun entorno marítimo foronse adaptando ao incremento de demanda en reparacións náuticas. Esta adaptación levou a que hoxe a súa actividade se centre en reparacións de motores fora e intraborda e mantementos náuticos.

Astilleros Abeijón Hermanos S.L.

PUNTO 8

Enderezo: Estrada de Muros, 108. 15288 – Outes
Teléfono: 981 765 638
Email: contacto@astillerosabeijonhermanos.com

Empresa radicada no Freixo, actualmente rexentada pola cuarta xeración familiar. Comezaron a súa actividade nos anos 1960 coma estaleiro de carpintaría de ribeira, construíndo botes pequenos para o berberecho e a pesca. Co paso dos anos comezaron a construír barcos de máis envergadura para a sardiña ou auxiliares de  bateas. Na actualidade traballan na reparación de barcos de ferro e poliester de ata os 20 metros de eslora.

ACR Servicios Náuticos

PUNTO 8

Enderezo: Cruceiro de Roo, 32. 15287 – Outes
Teléfono: 644 803 303
Email: acrserviciosnauticos@gmail.com

Prestan todo tipo de servizos náuticos dende o concello de Outes. Entre estes servicios están o remolque, transporte, alugueiro, compra e venda de embarcacións, así coma a xestión de seguros. Nos últimos tempos diversificaron a súa actividade, abrindo unha liña de negocio de fabricación de embarcacións en fibra.

Astilleros y Varaderos Lago Abeijón S.L.

PUNTO 8

Enderezo: Ribeira do Freixo. 15230 – Outes
Teléfono: 981 765 214
Email: administracion@lagoabeijon.com

Fundada a finais do século XIX coma estaleiro de carpintaría de ribeira, hoxe en día dedícanse case en exclusiva a reparacións de todo tipo de barcos, aínda que nunca abandonaron as construcións. Reparacións de todo tipo coma alongamentos de barcos, pontes, mobiliario e outras intervencións, especializados en barcos de pesca. Na súa plantilla contan cunha media de 50 persoas con todo tipo de especialistas do sector para dar resposta á demanda.

Álvarez Riveira

PUNTO 8

Enderezo: Avda. Ramiro Carregal Rey, P7. Polígono Industrial de Xarás. 15960 – Ribeira
Teléfono: 981 872 527
Email: info@alvarezriveira.com

Empresa con 40 anos de experiencia na venda, reparación e mantemento de motores industriais, maquinaria e vehículos pesados en xeral, especializada na reparación de todo tipo de motores mariños. Recentemente instalados nas novas instalacións no polígono de Xarás, contan cunhas amplas instalacións con zona de exposición e unha zona de taller na que contan con departamento de torno, fresa e soldadura altamente cualificado con capacidade de facer pezas á medida.

Distribuidores oficiais de marcas coma Cummins, Solé Diesel, Hyundai Seasall Marine, Neander e COX, para calquera aplicación, xa sexan buques de pesca ou recreo, grupos electróxenos, maquinaria pesada, de construción, obra pública, vehículos industriais, agrícolas, etc.

Náutica Andrade Mar SL

PUNTO 8

Enderezo: Rúa Nosa Señora da Axuda, 23. 15200 – Noia
Teléfono: 981 821 087
Email: andrademarsl@gmail.com

Fundada en Noia nos anos 60, dende os seus inicios está adicada ao mundo da pesca profesional e deportiva. Comercializa as máis prestixiosas marcas do mercado, abarcando dende as últimas tendencias en roupa náutica, ata os modelos máis actuais de canas e carretes para as distintas modalidades de pesca de mar e río e modelos de complementos náuticos. Contan con máquina expendedora de cebos vivos ademáis de contar con viveiros de cebo propios, así coma un servizo posvenda de taller de reparación.

Destacar a homologación para a venda de material pirotécnico así coma a autorización para a inspección de chalecos salvavidas e extintores.

DECOAT

PUNTO 8

Enderezo: Rúa Ramón y Cajal sn. 15403 – Ferrol
Teléfono: 622 183 126
Email: decoat.gal@gmail.com

Empresa dedicada ao deseño, construción e reparación de embarcacións de madeira, con especial atención en embarcacións lixeiras, integrando a tradición artesanal, innovación técnica e compromiso co medio ambiente.

Ría da Estrela

PUNTO 8

Ría da Estrela é a nova marca coa que o Organismo de Xestión do Destino  Ría de Muros  Noia articula a súa promoción turística. Representa a 5 concellos que, co obxecto común de mellorar as condicións de vida dos seus habitantes, apostaron por desenvolver o sector turístico de forma ordenada e sostible, para que todos os atractivos deste territorio permanezan inalterables, respectando a súa esencia e as súas tradicións.

Culturmar e Terra de Outes

PUNTO 8

Enderezo: Pol. Ind. Sete Pías, Rúa Maruja Mallo, 13 – 1º andar. 36635 – Cambados
Teléfono: 986 524 845
Email: fgcmf@culturmar.org

A Federación Galega de Cultura Marítima (Culturmar) nace no ano 1993 ao abeiro dunha xuntanza de embarcacións tradicionais celebrada en Ribeira co obxecto de defender, divulgar e dinamizar o Patrimonio Marítimo e Fluvial de Galicia, particularmente as embarcacións tradicionais que o integran.

A Asociación Cívico – Cultural Terra de Outes nace no ano 2006 co obxecto de dinamizar a vida cultural do Concello de Outes e a protección do seu patrimonio histórico e etnográfico, integrándose posteriormente na Federación Galega de Cultura Marítima e asumindo o obxecto principal desta para co patrimonio marítimo fluvial galego.